Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quiles e Víctor Narro, a sociedade decisiva na remonta do Deportivo

Quiles e Víctor Narro, a sociedade decisiva na remonta do Deportivo

Triunfo por 4-2 no Teresa Herrera diante do Metalist ucraíno con hat trick de Quiles e unha actuación moi destacada do interior zurdo

G24.gal 13/08/2022 22:31

O Deportivo gañou o Teresa Herrera diante do Metalist ucraíno (4-2). Tivo que remontar o 0-2 inicial nun comezo de partido moi deficiente do equipo de Borja Jiménez. O exxogador do Fabril Pidlepenents marcou os dous goles antes do minuto 20. 

O adestrador coruñés fixo un troco determinante. Quitou o lateral esquerdo Retuerta e meteu nesa posición a Víctor Narro. Desde a banda esquerda xerou moito perigo. Antes do descanso tamén apareceu Alberto Quiles ao que lle chegaron dúas ocasións para empatar.

No segundo tempo os ucraínos comezaron a pagar o cansazo e iso aproveitouno o Deportivo para sentenciar. Quiles completou a tripla de penalti e Narro fixo un gran gol nunha gran xogada individual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade