Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quiles e Lucas Pérez, sociedade letal

Quiles e Lucas Pérez, sociedade letal

Unha xogada entre os dous dianteiros propiciou o triunfo do Deportivo ante o Ceuta

Lucas Pérez non xogará ante o Córdoba por sanción

G24.gal 23/04/2023 20:50 Última actualización 23/04/2023 22:18

O Deportivo sumou un novo triunfo en Riazor que o achega a dous puntos do primeiro posto, esa praza que ocupa agora o Alcorcón, próximo visitante do feudo coruñés. 

Chegaba o Ceuta coa bitola de ser un dos mellores equipos da segunda volta, estivo moi serio en defensa pero acabou perdendo por 1-0 nunha acción que argallaron os dous dianteiros máis determinantes da liga. Quiles marcou o seu décimo cuarto gol da temporada logo dunha asistencia de Lucas. A única mala nova foi o cartón que viu o de Monelos, que non poderá xogar a vindeira xornada en Córdoba. 

No primeiro tempo houbo poucas ocasións. Só un lanzamento de Soriano que rexeitou Mejías como principal argumento. A segunda parte quedou condicionada polo gol marcado por Quiles no minuto 53. O Deportivo mereceu aumentar a conta, pero tamén sufriu nun achegamento do visitante Pablo García, que puido lograr o empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos