Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quiles despexa as dúbidas: "Estou seguro de que vou quedar na Coruña"

Quiles despexa as dúbidas: "Estou seguro de que vou quedar na Coruña"

O mercado en Primeira e Segunda División seguirá aberto ata o 31 de agosto pero o dianteiro do Deportivo desoe os cantos de serea

G24.gal 14/08/2022 18:47

Unha tripla diante do Metalist para seguir coa gran serie goleadora de Alberto Quiles na pretemporada. Esnaquizou á Ponferradina e volveu a facer o mesmo no Teresa Herrera. Co mercado aberto no fútbol profesonal a bancada treme por si o dianteiro escoitará a algún dos equipos que están petando na porta do seu representante. O dianteiro quixo despexar as dúbidas: "Estou seguro de que vou quedar aquí".

Quiles tamén falou do novo debuxo do Deportivo. "O ano pasado xogabamos con tres por dentro. Agora temos un dobre pivote e un media punta que non tiñamos antes", un xeito de actuar que o pode favorecer.

Borja Jiménez aposta por un cadro de xogadores máis curto

"Non necesitamos un central, imos ter un cadro de xogadores máis curto que o ano pasado", asegurou Borja Jiménez nas declaracións despois do partido. De todos é coñecido que o deportivo botará o resto por un dianteiro e agarda que a presión do entorno de Lucas Pérez sobre o Cádiz faga efecto, un Lucas que foi titular na estrea ligueira diante do Español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos