O Vaticano ultima os detalles dunha visita de León XIV a España este ano, que podería incluír Santiago
O Vaticano ultima os detalles dunha visita de León XIV a España este ano, que podería incluír Santiago
A viaxe a Galicia formaría parte dunha viaxe que o levaría tamén a cidades como Madrid ou Barcelona
O arcebispado de Santiago traballa tamén para que o pontífice visite Galicia o vindeiro ano santo de 2027
REUTERS/Remo Casilli
Gana peso a posibilidade de que o papa León XIV visite Galicia este ano 2026. Sería nunha viaxe que o levaría tamén a Barcelona ou Madrid. Estes días estanse celebrando contactos co Vaticano para pechar o itinerario concreto, que podería incluír Santiago de Compostela. Dende o arcebispado de Santiago traballan tamén para que o Pontífice visite Galicia o vindeiro ano santo de 2027.
A última visita dun papa a Galicia foi a de Bieito XVI en novembro do ano santo de 2010. En 1982 xa o fixera Xoán Paulo II, polo que León XIV se convertería no terceiro papa da historia en visitar Santiago.