Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin pide ao Senado que autorice o uso das Forzas Armadas no estranxeiro

Putin pide ao Senado que autorice o uso das Forzas Armadas no estranxeiro

Alemaña suspende a certificación do gasoduto Nord Stream 2 tras a escalada en Ucraína

O Kremlin critica a decisión porque di que é un proxecto puramente comercial

A UE acorda por unanimidade un paquete de sancións a Rusia

O presidente ruso Vladimir Putin nunha xuntanza este martes
G24.gal 22/02/2022 17:00

As reacións ao recoñecemento das rexións separatistas por parte do presidente ruso, Vladimir Putin, non tardaron en chegar.

O chanceler alemán, Olaf Scholz, anunciou que o controvertido gasoduto Nord Stream 2 entre Rusia e Alemaña non se porá en funcionamento. O Goberno federal decidiu paralizar o proceso de aprobación da infraestrutura, controlada polo xigante ruso Gazprom.

“Sen esta certificación, Nord Stream non pode entrar en funcionamento”, sinalou Scholz. 

Scholz durante o anuncio do bloqueo en Berlín Scholz durante o anuncio do bloqueo en Berlín

O chanceler asegurou durante unha conferencia de prensa en Berlín que o Goberno alemán e os seus socios da Unión Europea irán anunciando ao longo do día as sancións que van impoñer a Rusia.

Avanzou que será “de xeito coordinado” e condenou novamente a ruptura unilateral por parte de Moscova dos acordos internacionais asinados nas últimas décadas.

Resposta do Kremlin

O Kremlin considera "erróneo" este bloqueo por parte de Alemaña en resposta ao recoñecemento por Rusia da independencia dos territorios separatistas prorrusos de Donetsk e Lugansk. Nunha xornada en que Putin pediu ao Senado que autorice o uso de Forzas Armadas no estranxeiro.

A presidencia rusa recibiu con pesar  decisión "porque sempre se falou que este proxecto non tiña nada que ver ca política", sinalou o voceiro do Kremlin, Dmitri Peskov.

Reiterou que Nord Stream 2 ía transportar gas ruso a Alemaña polo fondo do mar Báltico e sen pasar por territorio ucraíno nun proxecto puramente comercial, e con grandes intereses entre proveedores e destinatarios.

Ademais do beneficio mutuo, está deseñado para converterse nun elemento estabilizador para o mercado de gas en Europa", afirmou Peskov.

O Ministerio de Exteriores de Rusia anunciou a evacuación dos empregados das súas delegacións diplomáticas e consulados en Ucraína.

Reaccións ao anuncio de Scholz

Os Estados Unidos aplaudiron este bloqueo ao gasoduto alemán e anunciaron que este martes tamén aplicarán máis sancións a Moscova.  

A OTAN di que Rusia segue planeando un ataque "a grande escala" en Ucraína e afirma que Moscova pasou dos “esforzos encubertos” para desestabilizar ese país a unha “acción militar aberta”.

Sancións da UE a Rusia

A Unión Europea puxo en marcha as sancións contra o réxime de Putin, pero non se atreve co presidente ruso, aínda que Rusia como estado non poderá acceder aos mercados de capitais europeos e ningún investidor europeo poderá mercar débeda rusa.

Se sancionan máis de 350 deputados rusos, conxelando as contas bancarias europeas, non poderán entrar nos países da Unión. Tamén se recorta o acceso dos bancos rusos aos mercados financeiros europeos, afectando tamén empresas militares e medios de comunicación.

Queda prohibido o comercio entre a UE e as dúas rexións separatistas, orixe do conflito. Paralelamente, as sancións poderían facer que a UEFA traslade a final da Champions League que este ano ía ser en San Petersburgo.

Máis sancións a Rusia

As maiores empresas de televisión por cable e Internet de Estonia e Lituania anunciaron que deixarán de transmitir máis de 20 canais de televisión rusos a partir de finais de abril. 

A primeira ministra finlandesa, Sanna Marin, amousouse partidaria de facer unha nova análise de risco do proxecto Fennovoima, que prevé a construción dunha nova central nuclear con participación rusa, tras a escalada das tensións polo conflito de Ucraína.

Si sancionan a máis de 350 deputados rusos aos que se lle conxelan as contas.

Josep Borrell tras o consello de Exteriores da UE en París Josep Borrell tras o consello de Exteriores da UE en París

Paquete de sancións da UE

Os ministros de Exteriores da UE tamén acordaron de xeito unánime en París un primeiro paquete de sancións contra Rusia.  

O presidente de Rusia, Vladímir Putin, non figura entre os individuos que serán sancionados pola Unión Europea, segundo indicou o xefe da diplomacia europea, Josep Borrell.

Este paquete de medidas afecta a 27 individuos ou entidades que, segundo a UE, contribuiron de xeito directo á agresión sufrida por Ucraína cando Rusia decidiu recoñecer a independencia das rexións separatistas do leste do país.

"Putin non está na listaxe de sancionados. Quixemos responder cos medios que temos, pero sobre todo dar unha resposta gradual", indicou Borrell na conferencia de prensa posterior ao consello informal de Exteriores que se celebrou en París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade