Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puente e Caballero vulneraron a lei electoral coa súa viaxe experimental no tren Avril

Puente e Caballero vulneraron a lei electoral coa súa viaxe experimental no tren Avril

A Xunta Electoral estima parcialmente unha denuncia do PP contra o Ministro de transportes e mobilidade e o alcalde de Vigo

Sinala que Puente e Caballero vulneraron prohibicións establecidas na lei electoral, pero non establece ningunha sanción

Chegada Óscar Puente no tren Talgo 106 a Vigo ( EFE) Chegada Óscar Puente no tren Talgo 106 a Vigo ( EFE)
G24.gal 15/01/2024 13:07 Última actualización 15/01/2024 14:32

A Xunta Electoral de Galicia estimou parcialmente unha denuncia do PP contra o ministro de transportes e mobilidade, Óscar Puente, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola viaxe de proba no tren Talgo 106 que realizaron o 5 de xaneiro á cidade olívica. A Xunta Electoral entende que os socialistas vulneraron as prohibicións que establece a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral pero determinou non sancionalos.

Óscar Puente acudiu a Vigo xunto a Caballero, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro. 

Un acto que Xunta Electoral entende "electoralista" tanto pola presenza conxunta das autoridades da Administración do Estado, da Administración Local, e dun dos candidatos á Presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024, como polo contido de varias declaracións efectuadas polo ministro e polo alcalde aos medios de comunicación.

O ministro aduciu que a viaxe non foi un acto institucional, nin estaba incluído na súa axenda nin foi organizado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade e Sostible, e que non tivo por finalidade realizar unha promoción dos logros políticos do Goberno co ánimo de influír no proceso electoral en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade