PSOE e Sumar acordan derrogar o delito de inxurias á Coroa
A reforma tamén elimina al calumnias contra institucións do Estado, aínda que mantén o delito de enaltecemento do terrorismo
Eduardo Parra/Europa Press
O PSOE e Sumar alcanzaron un acordo para eliminar do Código Penal os delitos de inxurias e calumnias á Coroa e a outras institutcións do Estado. O pacto foi anunciado este luns no Congreso polos representantes de ambas formacións e permitirá desbloquear a tramitación duha reforma que leva máis de dous anos en deabte parlamentario.
Segundo explicaron, a modificación lexislativa surpimirá os artigos que castigan as inxurias á Coroa, ao Goberno, ao Tribunal Constitucional, ao Tribunal Supremo e a outras institucións públicas. Tamén contempla a despenalización das ofensas a España a aos seus símbolos e das ofensas aos sentimentos relixiosos.
Pola contra, o acordo mantén o delito de enaltecemnto do terrorismo, que seguirá recollido no Código Penal.
Os impulsores da reforma defenden que o obxectivo é reforzar a liberdade de expresión e adaptar a lexislación española aos estándares internacionais e materia de dereitos fundamentais. Neste sentido, lembraron as condenas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra España por sancións relacionadas con expresións críticas cara á Coroa ou outros símbolos do Estado.
Desde o PSOE subliñan que a eliminación destes delitos non supón unha desprotección das institucións, xa que seguirán existindo os delitos xenéicos de inxurias e calumnias. Pola súa banda, Sumar considera que a rforma é unha "urxencia democrática" celebra o fin dun marco legal que, ao seu xuízo, provocou procesos xudiciais contra artistas, humoristas e activistas.
O acordo concretarase mediante a batería de emendas que ambos grupos rexistrarán durante a tramitación parlamentaria da reforma.