Publicador de contidos
Publicador de contidos

Promoven un proxecto de recuperación do bosque tradicional

Promoven un proxecto de recuperación do bosque tradicional

 

A serra do Xurés, afectada sistematicamente polos incendios forestais, será un campo experimental para un novo proxecto de recuperación e posta en valor do monte

A iniciativa, financiada polos fondos Next Generation, esténdese tamén a outros territorios de Galicia e Asturias

 

G24.gal 14/05/2024 20:55 Última actualización 14/05/2024 21:07

O bosque mixto atlántico, predominante en espazos coma o parque natural do Xurés, é o destinatario deste proxecto denominado Mixturando e promovido polos grupos de desenvolvemento rural.

Eva González, xerente do GDR Limia-Arnoia: "Nós entendemos que o bosque mixto, a paisaxe tradicional galega, é unha oportunidade para o desenvolvemento rural e o que queremos é coller distintas superficies e aplicar modelos de desenvolvemento distintos".

Aquí van intervir en 200 hectáreas con catro proxectos diferentes, desde a recuperación do pastoreo con cabras ás sobreiras e soutos abandonados.

Eva González, xerente do GDR Limia-Arnoia: "Se ti tes gando de pastoreo ou masas silvícolas produtivas, é máis probable que o lume afecte menos e mesmo sexan barreiras de protección para as casas".

O proxecto é a dous anos, pero o obxectivo é que permaneza, tirando dos axentes locais, desde comunidades de montes a gandeiros e agricultores, como na zona de Condado Paradanta, outro dos territorios implicados.

Pablo Castillo, alcalde de Covelo e pres. do GDR Condado-Paradanta: "Agora mesmo xa existe algunha actividade económica no territorio que precisa expandirse. Xa existe a semente para ir crecendo e trataremos de axudarlle".

O proxecto finánciase con fondos Next Generation, a través da fundación Biodiversidade e, para darlle continuidade, promove a implicación de todos os organismos públicos da zona, representados no acto de presentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade