Publicador de contidos

Publicador de contidos

Profesionais e pacientes de ostomía visibilizan a mellor maneira de vivir con bolsa

Profesionais e pacientes de ostomía visibilizan a mellor maneira de vivir con bolsa

A consulta de ostomía do CHUS divulga o seu labor de apoio aos pacientes cunha exposición fotográfica 

"O noso obxectivo sempre é que o paciente sexa dado de alta sabendo manexarse no cambio de dispositivo"

G24.gal 06/10/2025 15:44

A entrada principal do Hospital Clínico de Santiago converteuse nunha sala de exposicións para visibilizar o traballo da consulta de ostomía. Unha mostra fotográfica reflexa o labor de profesionais e pacientes que traballan conxuntamente desde o momento que se sabe que van precisar levar unha bolsa de fecais para poder manter a mellor calidade de vida posible.

Lourdes Piñeiro, unha paciente ileostomizada a raíz dun cancro, é unha das protagonistas que comparte a súa experiencia, e a grande axuda que supón unha atención coma a que a portan as profesionais da Unidade de Ostomía.

"Xurdiu que houbo que poñer unha ileostomía e acábaseche un pouquiño a vida, porque é un transo, pero grazas a estas consultas con estas enfermeiras que cho poñen moi fácil ao final acábaste acostumando ata o punto que te esqueces".

A exposición 'Heroes e Heroínas', obra de Álvaro Laiz, un fotógrafo colaborador National Geografic é unha homenaxe tanto as persoas ostomizadas coma as enfermeiras estomaterapeutas que as atenden de maneira continuada, coma Mercedes Andrade e Nuria Martínez, profesionais da consulta de Ostomías do CHUS.

"O noso obxectivo sempre é que o paciente sexa dado de alta sabendo manexarse no cambio de dispositivo. Nunca se irán para a casa sen saber eles cambiar a bolsa e despois temos consultas periódicas. Teñen contacto directo con nós, pódennos chamar, mandar un whatsapp ou un correo".

As fotografías de profesionais e pacientes sonobra de Álvaro Laiz, un fotógrafo colaborador National Geografic

A mostra que está circulando por diferentes hospitais de España, forma parte do proxecto HUMANIZACCIÓN impulsado por el laboratorio Hollister a través de Proyecto GESTO (Grupos de ESTOmaterapeutas) coa finalidade de dar máis visibilidade á ostomía e ás persoas portadoras dun estoma e tamén poñer en valor o traballo que fan as enfermeiras expertas en estomaterapia.

A maioría dos pacientes que precisan unha bolsa intestinal ou urinaria é a partir de cirurxías vinculadas ao cancro de colon, vexiga ou útero ou por enfermidade de Crohn ou diverticulite. As profesionais da consulta de Ostomía do CHUS din ter pacientes de todas as idades, desde neonatos ata persoas case centenarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos