Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan no río Douro e na casa do único detido algún indicio do paradoiro de Esther López

Buscan no río Douro e na casa do único detido algún indicio do paradoiro de Esther López

Examinan unha zona entre pesqueiras do río Douro

Exhaustivo rexistro da casa do único detido

Case dúas semanas de angustia: "é como ter cravado un puñal", di o pai

A UCO rexistra o domicilio do detido, Ramón "el Manitas"
G24.gal 25/01/2022 08:18

Os mergulladores da Garda Civil examinan unha zona entre dúas pesqueiras no río Douro, buscando algunha pista para dar con Esther López de la Rosa. Á procura sumáronse tamén un helicóptero, un dron, efectivos do grupo cinolóxico e tamén a UCO está en Traspinedo.

Onde máis movemento houbo foi no chalé do único detido por esta desaparición. Está moi preto desa parte do río e do lugar onde quedou sen sinal o móbil da muller. O pai de Esther López non o coñece de nada, di que non o viu na vida.

A Garda Civil ten ata esta tarde para obter indicios contra o arrestado, coñecido como Ramón "el Manitas", un home con numerosos antecedentes que nega calquera implicación no caso.  Como máximo, pasadas as 72 horas da detención, debe ser posto en liberdade ou á disposición xudicial. 

Miguel López di: "É ter un puñal cravado e non podelo sacar, e telo facendo dano, dano, dano, dano". A súa filla, Esther López, de 35 anos, leva case dúas semanas desaparecida.

Fora o mércores ver un partido de fútbol a un bar. Un amigo dela declarou que esa madrugada a levaba no coche e discutiron, así que a deixou preto dun restaurante, no cruce entre a estrada a Traspinedo e a autovía cara a Soria. Aí se lle perde o rastro, na madrugada do 12 ao 13 de xaneiro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar