Proba superada para o Celta no campo do Luton Town (1-3)
Williot, Pablo Durán e Aspas marcaron os goles do equipo celeste
O Celta engadiu un novo amigable de pretemporada no que conseguiu a vitoria por 1-3 diante do Luton Town, equipo que estaba o ano pasado na Premier League e que tentará recuperar a categoría perdida esta campaña.
Saiu Giráldez con Marc Vidal, Carlos, Ristic, Javi Rodríguez, Jailson, Damián, Hugo Sotelo, Hugo Álvarez, Williot, Alfon e Borja Iglesias. Só houbo un gol no primeiro tempo, o marcado polo sueco Williot Swedberg na parte final.
A segunda parte comezou con Carreira, Aidoo, Pablo Durán, Luca, Bamba e Douvikas como novidades. O Luton conseguiu empatar no minuto 66 pero o Celta reaccionou de contado, xerou oportunidades e acabou marcando o 1-2 coa aparición, unha máis, de Pablo Durán. Acabou resolvendo o partido Iago Aspas co definitivo 1-3.