Proba de altura diante do Wolfsburgo antes do inicio ligueiro
O Celta xoga en Alemaña (17:00 G2 e G24) contra un clásico da Bundesliga
A pretemporada do Celta alcanza o seu cuarto amigable con máis de 20.000 socios; a ilusión do Centenario. Segue coa incorporación de Dotor e a saída de Mina e a do director de Seguridade. Mariam Mouriño vai tomando, aos poucos, o mando do proxecto.
E entre os xogadores respiramos un ambiente fabuloso. No que Mingueza pon a música e Aspas e Paciencia as bromas. Como no Quinocho, cando Aspas lle pedía pra que se puxera para a foto a pesares de non xogar.
Neste clima sano chega un dos compromisos máis esixentes da preparación. En Alemaña e fronte o Wolsburgo, oitavo clasificado da Bundesliga. Un equipo físico, poderoso por arriba e cheo de intenacionais, como o belga Bornauw. Ás cinco verémolo en directo na nosa segunda canle e en G24.gal/deportes.