Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presentada a programación para conmemorar o centenario de María Casares no 2022

Presentada a programación para conmemorar o centenario de María Casares no 2022

G24.gal 20/11/2021 17:52

María Casares cumpriría cen anos este domingo. Moi preto da casa onde naceu, na rúa Panadeiras da Coruña, presentouse o extenso programa de actividades que vai divulgar a súa figura ao longo de todo o vindeiro ano.

Unha programación descentralizada e plural que incluirá proxectos vencellados á escena, ao audivisual e aos mundos editorial e académico, tanto dentro como fóra de Galicia. O conselleiro de Cultura achegou todos os detalles nun acto celebrado no Museo de Belas Artes.

Román Rodríguez explicou que esta homenaxe a María Casares é posible grazas á implicación de institucións e entidades como a Biblioteca Nacional, o Instituto Cervantes ou esta casa, a CRTVG, que emitirá un documental sobre a vida da actriz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade