Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación polo uso de 'vapeadores' entre nenos e adolescentes

Preocupación polo uso de 'vapeadores' entre nenos e adolescentes

Teñen deseños pensados para atraer os máis novos, con sabores a froitas, pero tamén con nicotina

Catro de cada dez adolescentes usou vapeadores ou cachimbas no último meses

G24.gal 05/05/2023 16:35

Preocupación entre os expertos en tabaquismo polo uso de vapeadores entre nenos e adolescentes. Estes cigarros electrónicos véndense con sabores e formas que atraen un público cada vez máis novo. 

Teñen formas de personaxes de debuxos animados, con cores moi vivas e sabores que atraen os máis novos semellantes ás gominolas, como sandía e amorodo. Pero neses sabores de froitas tamén os hai que levan nicotina.

O problema é que o seu aspecto fai que lles parezan inofensivos, case como xoguetes. É unha das estratexias da industria para captar novos clientes nun momento en que se endurecen as políticas contra o consumo de tabaco.

Catro de cada dez adolescentes, entre 16 e 21, usou vapeadores ou cachimbas no último mes. Segundo un estudo da Asociación Española contra o Cancro, case o 60 % dos rapaces considera que fumar está de moda porque o fan actores, streamers influencers

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade