Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pouca xente depositando o voto nas oficinas de Correos que abriron en domingo nas cidades galegas

Pouca xente depositando o voto nas oficinas de Correos que abriron en domingo nas cidades galegas

G24.gal 16/07/2023 14:30 Última actualización 16/07/2023 14:46

O xoves conclúe o prazo para votar por correo nunhas eleccións, as xerais do 23 de xullo, nas que se chega en España aos 2,6 millóns de solicitudes. En Galicia, a máis de 146.000. Nos dous casos unhas cifras nunca vistas en democracia. Por iso as oficinas de Correos abriron este domingo nas cidades galegas principais.

Esta oficina de Correos da zona da Alameda de Vigo xunto coa da cidade de Pontevedra son as dúas únicas sucursais de toda a provincia abertas este domingo. Á unha da tarde en Vigo levaban entregado seu voto por correo algo máis de cincuenta persoas. Pouco movemento. O prazo para poder votar deste xeito conclúe o xoves.   

Das 146.148 persoas que solicitaron o voto por correo en Galicia, o 73 % fíxoo nas dependencias de Correos e o 27 % optou pola fórmula telemática. 

Co 6,6 % do censo electoral que solicitou o voto por correo en Galicia a comunidade sitúase por baixo da media estatal. Onde máis votaron por adiantado foi en Biscaia, o 14 %, e en Madrid o 13 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade