Cargando resultados...
Portugal e o Liverpool despiden con moita dor a Diogo Jota e André Silva
G24.gal
05/07/2025 17:42
O mundo do fútbol está de dó polo falecemento de Diogo Jota, dianteiro do Liverpool, e do seu irmán André Silva nun accidente de tráfico.
Esta mañá celebrouse o funeral para despedir os dous futbolistas. Tivo lugar en Gondomar, en Portugal, ás aforas do Porto, onde comezaron a súa carreira futbolística. Os dous irmáns foron soterrados no cemiterio da localidade. Na despedida ós xogadores había persoeiros e xogadores do fútbol portugués e tamén do Liverpool que portaron camisetas cos dorsais dos dous futbolistas.