Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal cre que terá que prolongar as súas restricións

Portugal cre que terá que prolongar as súas restricións

Estaba previsto relaxar as medidas o 9 de xaneiro

Non descartan endurecer as restricións para entrar no país

Alberto Mancebo 16/12/2021 20:20

O Goberno luso dá por feito que terá que manter as medidas actuais durante todo o mes de xaneiro. Ademais non descarta endurecer as restricións na fronteira. O primeiro ministro, Antonio Costa, recoñeceu hoxe que cos datos de incidencia actuais e coas festas de Nadal á volta da esquina non lles vai quedar outra opción que prolongar as medidas aplicadas hai quince días.

Nun principio tiñan planeado relaxalas o día 9 despois da chamada "semana de contencia" onde os nenos aínda estarían na casa sen ir a escola, pecharían pubs e discotecas e reducirían ocupacións.

Deste xeito, todo apunta a que seguirán as medidas actuais centradas sobre todo en esixir pasaporte de vacinación á entrada de diversos locais. Tampouco descartan endurecer as restricións de entrada no país. Actualmente, por terra só se pide certificado de vacinación en controis móbiles e aleatorios. Por aire é preciso ademais unha proba negativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos