Cargando resultados...
Polo menos 8 mortos e decenas de feridos nun festival de música en Texas
Todo parece indicar que se produciu unha avalancha humana no Astroworld Festival

G24.gal
06/11/2021 09:06
Polo menos oito persoas morreron e decenas resultaron feridas na noite do venres nunha presunta avalancha humana no Astroworld Festival de música de Houston, no estado de Texas.
Segundo informan os medios locais, o xefe de bombeiros de Houston, Sam Pena, dixo nunha conferencia de prensa que están a investigar as causas exactas do sinistro.
O incidente, de acordo co seu relato, produciuse cando a multitude asistente ao concerto comezou a "comprimirse cara á fronte do escenario". Esta situación provocou escenas de pánico.