Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos propón poñer un tope ás subidas das hipotecas para as familias vulnerables

Podemos propón poñer un tope ás subidas das hipotecas para as familias vulnerables

Echenique di que a subida das hipotecas pode implicar un aumento da morosidade e provocar unha crise do sistema bancario

G24.gal 13/09/2022 16:00 Última actualización 13/09/2022 17:32

Unidas Podemos propuxo ao seu socio de Goberno limitar a subida das hipotecas a tipo variable ás familias vulnerables cun índice do euríbor máis un 0,1 por cento durante un ano, o que permite aos bancos "non perder diñeiro" e protexe ao mesmo tempo a estas familias.

Trátase dunha proposta pensada para que o PSOE poida asumila sen problemas, sinalaron fontes parlamentarias.

Echenique, nunha rolda de prensa no Congreso, advertiu de que a subida das hipotecas pode ademais implicar un aumento da morosidade e provocar unha crise do sistema bancario como ocorreu na crise de 2008.

As hipotecas encarecéronse de media uns 200 euros mensuais. Con esta proposta, asegurou Echenique, redúcese en máis dun 60 por cento unha hipoteca media.

"Protexe ás familias vulnerables e anticipámonos a un aumento da morosidade e que esta crise se convirta tamén en financeira".

O portavoz dos morados apostou porque esta proposta se inclúa no próximo real decreto sobre o plan de continxencia que o Executivo está a preparar.

Echenique insistiu en que a situación económica é "enormemente difícil" e que este Goberno está a traballar para paliar os efectos dos problemas enerxéticos, pero que a única maneira de "evitar o abismo económico" en España e en Europa é que haxa un acordo de paz en Ucraína.

Para os socios de investidura a proposición vai na boa dirección pero queda curta

Esta proposta foi recibida por parte do PSOE coa seguridade de que o Goberno a vai a analizar "con moito agarimo", asegurou o portavoz socialista, Patxi López, sen dar máis pistas sobre a súa viabilidade.

O portavoz de ERC, Gabriel Rufián, tachou de "bastante rañicas" aos impulsores da medida por non promover, por exemplo, unha reforma fiscal para que os millonarios non poidan eludir o imposto de patrimonio.

Mertxe Aizpurua, de Bildu, foi máis concreta nas súas suxestións ao reclamar que esta medida non só se aplique ás familias vulnerables, senón que se xeneralice, porque a crise enerxética, di, cambiou o concepto de familia vulnerable.

Para Aitor Esteban, do PNV, é outro "parche" máis, que se expón de maneira unilateral e sen concreción.

Desde a bancada da dereita, volveron a arremeter contra esta clase de iniciativas.

A portavoz popular, Cuca Gamarra,  esíxelle ao Executivo que deixe de ofrecer solucións fáciles a problemas complexos "buscando o titular populista" aínda que tamén asegurou que o PP está disposto a buscar medidas para que as hipotecas suban o menos posible.

Tamén os de Vox botaron por terra esta proposición de lei, que ven "trasnoitada" e que cren que denota unha ignorancia sobre o funcionamento económico, segundo subliñou Iván Espinosa de los Monteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos