Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pere Aragonès: "A manifestación é a constatación dun fracaso"

Pere Aragonès: "A manifestación é a constatación dun fracaso"

O titular da Generalitat asegura que "a amnistía vai saír adiante" malia a protesta de hoxe

O líder do PSC Salvador Illa considera que a dereita e a ultradereita tentan xerar medo coa idea da ruptura de España

Máis de 50.000 persoas participan na manifestación de Barcelona contra a amnistía

G24.gal 08/10/2023 19:46 Última actualización 08/10/2023 20:14

O presidente catalán Pere Aragonès empregou a palabra "fracaso" varias veces para reafirmar a súa mensaxe ao referirse á manifestación. Explicou que ante o discurso da vinganza da dereita e da ultradereita están máis decididos ca nunca a seguir batallando pola amnistía e a autodeterminación de Cataluña.

"A manifestación de hoxe é a constatación dun fracaso, do fracaso de Feijóo, de Ayuso e de Abascal, porque a amnistía vai saír adiante e porque Cataluña está enfocada para decidir o seu futuro en liberdade", afirmou Aragonès.

Pola súa parte, o líder do PSC Salvador Illa sinalou que a idea da ruptura de España é unha "arma poderosa" que utilizan a dereita e a extrema dereita. Nesa liña, explicou que nas eleccións xerais as urnas dixeron si á "España plural e diversa", especialmente en Cataluña.

"Vemos unha vez máis, hoxe, a dereita da man da ultradereita, a Feijóo xuntiño da man con Abascal para xerar medo. 'Rompe España', din, para sementar crispación, non? E sempre á contra", manifestou Illa nun acto da Xuventude Socialista de Cataluña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade