Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez evita dar explicacións sobre o caso Koldo no Senado

Pedro Sánchez evita dar explicacións sobre o caso Koldo no Senado

O presidente do Goberno sométese á primeira sesión de control en dez meses

O PP interpelouno sobre a presunta rede de corrupción e sobre a amnistía

Pedro Sánchez na sesión de control ao Goberno no Senado. EFE/Mariscal
G24.gal 12/03/2024 19:32 Última actualización 12/03/2024 20:23

O presidente do Goberno evitou referirse ao caso Koldo na primeira sesión de control en que participou despois de dez meses de ausencia.

O Partido Popular interpelouno sobre a suposta trama de corrupción e sobre a lei de amnistía que o Goberno prevé aprobar esta semana no Congreso.

Sánchez di que non acepta ningunha lección do PP neses dous asuntos. E reitera a súa intención de esgotar a lexislatura.

Alicia García, senadora do PP, di: "A estas alturas ninguén dubida de que o presidente do Goberno coñecía as aventuras e desventuras do seu gran amigo Koldo, o xigante da militancia socialista. Pasamos do escandalazo da trama ao escandalazo da amnistía. Todo é o mesmo, unha rede de favores, de mentiras e de corruptelas. E a amnistía é a maior corrupción de todas, porque vostede vende España por sete votos".

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, respóndelle: "Cal é súa alternativa, a ilegalización de partidos políticos, a instauración, como quere Vox, dun 155 permanente en Cataluña?. O que non se pode facer e sorber e soprar ao mesmo tempo, como fai o seu presidente, o señor Feijóo. Chamarlle pola mañá terroristas aos independentistas e pola tarde intentar negociar con eles os indultos e a amnistía para que apoien a súa investidura".

"Teño o título para o seu próximo libro, señor Sánchez: Pasar polo aro, porque pasará polo aro de Puigdemont, de Ábalos, de Junqueras, de Otegi.... todo por manterse no poder", di a senadora popular.

"Levan vostedes seis anos dicindo que esta lexislatura se acaba. Pois mire, o meu Goberno acaba de empezar a terceira", conclúe Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade