Cargando resultados...
Pedro Sánchez saca peito do papel de España na toma de decisións comunitarias
O PP di que a política do Goberno é errática e a xestión caótica
G24.gal
24/01/2023 21:23
Última actualización 24/01/2023 21:31
Primeira comparecencia do presidente do Goberno no Congreso deste ano para informar dos cumios europeos. Pedro Sánchez saca peito do papel que xoga España nas decisións comunitarias e da boa evolución, di, da economía española. O PP repróchalle unha xestión caótica e unhas políticas que consideran erráticas.
Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Non hai maior patriotismo ca o que reduce a fenda social e territorial e avanza na igualdade de oportunidades, e iso é o que está facendo este Goberno progresista. En Europa trátase de batallar, non de baixar a cabeza. Hoxe España libra batallas en Bruxelas e gáñaas. Outros, na anterior crise, agacharon a cabeza".
Cuca Gamarra, PP: "As súas políticas son erráticas e a súa xestión caótica. Ese é o balance dun goberno que afortunadamente se está acabando, está en tempo de desconto".
Pedro Sánchez: "Os dereitos conquistados non se cuestionan, deféndense, acátanse e exércense. Se a outros por medo ou por cálculos electorais lles tremen as pernas para defendelos, asegúrolles que a nós non nos van tremer as mans".
Cuca Gamarra: "O seu feminismo é mentira. Négase a corrixir a lei do só si é si, pero apresúrase a modificar o Código Penal para beneficiar os seus socios independentistas. Por certo, vai dimitir cando empecen a saír do cárcere en cadea os corruptos como está pasando cos violadores?".