Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paula Prado: "O PPdeG é o único partido constitucionalista de Galicia"

Paula Prado: "O PPdeG é o único partido constitucionalista de Galicia"

A secretaria xeral do PPdeG asegura que o PSOE "vulnera a diario" a Constitución

Di que o BNG "quere rachar" coa Carta Magna buscando "a división e a independencia de Galicia"

G24.gal 06/12/2025 15:38 Última actualización 06/12/2025 16:46

A secretaria xeral do PPdeG asegurou este sábado que o único partido constitucionalista en Galicia é o Partido Popular, fronte a un PSOE que "vulnera a diario", dixo, a Carta Magna ao "non presentar orzamentos, non respectar a separación de poderes e ao aliarse cos maiores inimigos da Constitución".

Entre eses "inimigos", Paula Prado citou o BNG, que "quere rachar" coa Carta Magna, dixo, buscando "a división e a independencia de Galicia". Prado facía estas declaracións na comida de Nadal organizada polo PP de Curtis.

"A Constitución é a gran defensa da igualdade, da liberdade e o PP somos o único partido constitucionalista que hai hoxe en Galicia. O Partido Socialista xa demostrou que non lle importa a Constitución nin a respecta e o BNG tampouco. Quere a división, a independencia de Galicia e iso pois loxicamente non cabe na Constitución", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade