Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasamos revista ao estado do deporte feminino galego no 8M

Pasamos revista ao estado do deporte feminino galego no 8M

Asistimos a unha mesa redonda de mulleres con peso no mundo do deporte

Afirman que se avanzou moito no deporte feminino, pero que aínda queda moito por facer

G24.gal 08/03/2026 12:53

Rachar marcas acada un sentido máis amplo no deporte feminino, no que as reglas de xogo ás veces son diferentes. E o mesmo esforzo, en moitos casos, non recibe o mesmo premio. 

"Está moito máis normalizado que unha muller non só practique futbol senón calquera tipo de deporte, pero queda moito recorrido", indica Laura García Meizoso, presidenta do Valdetires.

"Teño visto como a nenos se lles dan indicacion tecnicas e tacticas durante o adestramento e ás nenas só "estás facéndoo moi ben". Iso tamén cala".

Seis mulleres poñendo en común a súa realidade no deporte. Para analizar que, por exemplo, non existen manuais de adestramento específicos para xestionar as cargas en corpos de muller. "A transformación de nena a muller é diferente", indica a exatleta profesional Paula Mayobre.

Hai diferenzas no proceso de crecemento. E tamén advirten que ás veces non se teñen en conta os ciclos hormonais. Ou que o alto rendemento mal aplicado provoca a retirada da menstruación e osteoporose.

A extriatleta Inés Santiago indica: "Hai días que non tes a mesma forza. A amenorrea a min afectoume psicoloxicamente".

Inés Santiago abandonou a residencia Blume, desencantada co deporte de elite. A Paula Mayobre as lesións apartárona do atletismo profesional, e pasou ao fútbol. Agora é directora de partidos na Liga Feminina. "Avanzamos pero en postos de alto calado estamos aínda practicamente invisibles".

O impulso que se lle está dando ao futbol búscao o fútbol sala. Laura García é unha das poucas presidentas de club. No Valdetires. E sente que cando chama ás portas o trato é diferente. "Sendo muller. Non só represento a un equipo de futbol sala feminino, senón que por riba tamén son muller. E hai moitos prexuízos de momento".

Elas reivindican cambios, e tamén celebran o avanzado.

O 8 de marzo é un día para celebrar os saltos que xa deu o deporte feminino. E para recordar que o camiño cara á igualdade aínda está en xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos