Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parte da poboación resístese a quitar a máscara

Parte da poboación resístese a quitar a máscara

A cautela imponse fronte á fin do seu uso obrigatorio en interiores

G24.gal 25/04/2022 15:48

Despois de 700 días ocultando os nosos rostros, a máscara deixou de ser obrigatoria en España tamén nos espazos interiores. Pero a diferenza do ocorrido na maioría dos países europeos que a eliminaron hai xa tempo aquí a poboación acolleu a medida con cautela. Son moitos os que non renuncian á máscara.

Os psicólogos consideran normal que se resistan a prescindir dela os que o pasaron moi mal pola covid ou os teñen algunha inseguridade ou medo a enfermar, e recomendan que estas persoas a retiren de xeito progresivo. 

Pero cren que deixar de usala será bo para a maioría. Axudará a afastar sentimentos de ansiedade, tristeza e agonía que nos deixou a pandemia. E normalizar a nova situación tamén contribuirá a recuperar a interacción social perdida.

Os expertos din que a maior parte do uso que se fai das máscaras está sendo decorativo. Lembran que a comunidade científica apoia a fin da súa obrigatoriedade e que só se siga usando en determinados lugares e para protexer as persoas vulnerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade