Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para Mackay o partido do Córdoba chega nun momento decisivo

Para Mackay o partido do Córdoba chega nun momento decisivo

O capitán sabe que o Deportivo está "en liña ascendente" e debe aproveitar esa boa inercia

O sábado poderemos ver o encontro na G2 e en G24

G24.gal 30/11/2022 21:53

Na Primeira Federación, partido clave este sábado. O Deportivo recibe o Córdoba, líder intratable da categoría. O partido poderano seguir pola nosa segunda canle e en G24 en directo.

Sete puntos separan os dous equipos, que pelexan polo ascenso. Ian Mackay asegurou que o Depor está en liña ascendente e que van tentar recuperar puntos co seu rival directo. 

"Están facendo moi boa temporada e nós temos que facer o noso partido. Podemos facerlles dano, é un momento chave e se levamos os tres puntos vainos vir moi ben para a moral. Non será determinante pero pola miña cabeza non pasa outra cousa que non sexa lograr o triunfo", asegurou o capitán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade