Cargando resultados...
Paola Ferrari marcha do Ensino por motivos persoais
G24.gal
22/11/2021 22:19
Paola Ferrari, que fichara polo Ensino procedente do Tenerife, volve ao Paraguai por motivos persoais. Acaba de confirmalo o club a través dun chío en que lle agradece o seu compromiso e lle desexa sorte no futuro. Ferrari, de 36 anos, tan só levaba cinco partidos co cadro galego.
Duran Maquinaria vai recuperando a algunhas lesionadas e así afrontará o decisivo partido deste xoves en Bélxica. Visita ao Kangoeroes, o rival co que pelexa pola segunda praza na fase de grupos da Eurocup.