Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Longo resolve para o Bergantiños nun final trepidante

Pablo Longo resolve para o Bergantiños nun final trepidante

Nos últimos quince minutos chegaron os tres goles do partido (2-1)

G24.gal 26/10/2024 23:05

O Bergantiños continúa na zona alta da Segunda Federación grazas ao triunfo diante do Ávila por 2-1. Os tres goles chegaron no último cuarto de hora. O Bergantiños adiantouse grazas a un penalti transformado por Remeseiro. O Ávila empatou na seguinte xogada e, cando parecía que ía rematar o partido cun repartimento de puntos, apareceu o dianteiro asturiano Pablo Longo para conseguir o segundo.

Ben é certo que o equipo galego puido encamiñar moito antes o partido, xa que no primeiro tempo o colexiado anuloulle un gol a Pachón por un fóra de xogo inexistente. Os de Carballo quedan con 16 puntos, unha cifra moi boa para un recentemente ascendido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos