Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Durán, goleador do Celta Fortuna: "Imos a Málaga cunha eliminatoria aberta"

Pablo Durán, goleador do Celta Fortuna: "Imos a Málaga cunha eliminatoria aberta"

O sábado decídese a primeira eliminatoria de ascenso á Segunda División (19:30 horas, TVG)

G24.gal 05/06/2024 20:57

Na promoción de ascenso a Segunda, o Celta Fortuna viaxará a Málaga para disputar a volta da eliminatoria na Rosaleda, onde se agarda un cheo absoluto. A eliminatoria está aberta tras o empate en Balaídos da ida (2-2). O partido disputarase este sábado ás sete e medida e poderemos seguilo pola TVG.

Un dos destacados no primeiro partido foi o dianteiro tomiñés Pablo Durán. Un gol seu no minuto 93 permítelle ter posibilidades na volta: "Imos alí cunha eliminatoria aberta, sabemos que non nos vale o empate e imos buscar a vitoria", comentou Durán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade