Publicador de contidos
Publicador de contidos

Outro filial crúzase no camiño do Pontevedra á Primeira Federación, o Betis Deportivo

Outro filial crúzase no camiño do Pontevedra á Primeira Federación, o Betis Deportivo

Está dirixido polo antigo futbolista Arzu e acaba de eliminar o Europa

G24.gal 20/05/2024 15:01 Última actualización 20/05/2024 15:12

Outro filial crúzase no camiño do Pontevedra á Primeira Federación. O filial do Betis será o rival. O Betis Deportivo ocupou a quinta praza no seu grupo. Está dirixido polo antigo futbolista Arzu e acaba de eliminar o Europa.

Orihuela-Barakaldo, Zamora-San Sebastián de los Reyes, Marbella-Logroñés e Numancia-Yeclano serán os outros enfrontamentos da última eliminatoria de ascenso a Primeira RFEF, segundo o sorteo feito este luns pola Federación Española de Fútbol (RFEF).

O único condicionante do mesmo foi que non quedasen emparellados equipos que coincidiron no mesmo grupo. Os partidos de ida xogaranse o 25/26 de maio e os de volta o 1/2 de xuño.

Unicamente a eliminatoria entre o Marbella e o Logroñés resolveríase por penaltis en caso de acabar con empate o partido de volta e tamén a prórroga, xa que ambos finalizaron en terceira posición dos seus grupos, cuarto e segundo, respectivamente.

No resto de eliminatorias, se houbese que chegar á prórroga e esta finalizase con empate, ascendería a Primeira o equipo mellor clasificado no seu grupo tras a fase regular. No grupo 1 o Pontevedra foi segundo e o Zamora terceiro; no grupo 2 o Barakaldo foi segundo e o Logroñés terceiro; no grupo 4 o Yeclano foi segundo, o Marbella terceiro, o Orihuela cuarto e o Betis Deportivo quinto e no grupo quinto o San Sebastián de los Reyes foi segundo e o Numancia, terceiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar