Publicador de contidos

Publicador de contidos

Demandan unha vía de alta capacidade que comunique Pontevedra e Ourense

Demandan unha vía de alta capacidade que comunique Pontevedra e Ourense

A N-541 é unha das estradas máis perigosas de España

Foi onde se accidentou o autobús a pasada Noiteboa, que sumou seis falecidos máis

G24.gal 06/10/2023 14:22

Os usuarios da N-541 que une Ourense e Pontevedra levan demandando melloras anos. Aseguran que o firme non é axeitado, nin a sinalización nin o trazado. 

Din ademais que é das máis inseguras, de feito está incluída na listaxe con moitos puntos negros dentro da rede viaria española. 

Nesta estrada foi onde caeu o autobús en que morreron, a Noiteboa pasada, de seis persoas. Un feito que mobilizou os alcaldes afectados, a maioría polos que pasa o trazado e de distintas cores políticas uníronse no pacto de Pedre para pedirlle ao Goberno central melloras urxentes nesta estrada.

Agora seguen as reunións e as peticións. Na última acordaron pedirlle ao goberno central, ademais de melloras, a construción dunha vía de alta capacidade que una Ourense e Pontevedra. Luís Menor, presidente da Deputación de Ourense así o solicitou uníndose ao concello de Pontevedra e demais alcaldes que forman o pacto de Pedre. Din que mellorará a seguridade na estrada e a comunicación nunha das estradas estratéxicas da comunidade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade