Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xogadores do Coruxo ven xusta a vitoria ante Ceares

Os xogadores do Coruxo ven xusta a vitoria ante Ceares

Dous dos destacados en Fragoselo, Chiqui e Míguez, atenderon ao Galicia en Goles ao remate do encontro

G24.gal 06/03/2022 14:55

Semellaba un partido que se lle poñía de cara ben cedo ao Coruxo. Pero houbo que sufrir. Finalmente, no encontro que servía de despedida do campo de Fragoselo, o equipo vigués sumou tres importantes puntos que lle permiten achegarse aos postos altos da clasificación.

Tralo partido, a Radio Galega conversou con dous dos goleadores. Un deles foi Mateo Míguez, autor do terceiro tanto verde.

"Saímos moi enchufados. Tivemos moitas ocasións na 1ª parte e deixamos o partido encarrilado. Chiqui facilita moito as accións aos que estamos por dentro. Moi contento polo gol e polos tres puntos. Tivemos 10 minutos de desconexión cando nos vimos co partido gañado. Aínda así considero xusto o resultado"

Ademáis de Míguez, e de Youssef, o que abriu a lata, Chiqui foi o outro futbolista que marcou gol en Fragoselo.

"Foi un bonito gol. Nunha xogada case igual, antes, disparei ao pau. Ceares viña a polos 3 puntos porque para eles é unha final. Co segundo tivemos tranquilidade pero ao final sempre hai que loitar ata o asubío. Estamos coma locais xogando bos partidos. Ninguén se pode relaxar nun partido desta categoría. Hai que seguir así para mirar para arriba"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade