Cargando resultados...
Os veciños de Soutoxuste comezan as festas co seu pequeno acendido das luces de Nadal
G24.gal
04/12/2022 20:54
Última actualización 04/12/2022 21:04
No pequeno lugar de Soutoxuste este domingo tiveron o acendido das luces de Nadal coa conta atrás dos veciños.
Non son millóns de leds, senón unhas poucas luces solares que colocaron os homes e as mulleres, moitos xubilados, da asociación de veciños Eixo e da comisión de festas do Carme.
Din que, fronte ás grandes cidades, as pequenas aldeas queren sentir as festas e, sobre todo, darlle vida a un rural galego cada vez con menos xente.