Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios e usuarias de Vitrasa piden unha solución

Os usuarios e usuarias de Vitrasa piden unha solución

Centos de veciños e veciñas de Vigo saíron esta tarde á rúa para pedir unha solución ao conflito de Vitrasa, que suma xa máis de tres meses de folga indefinida 

O paro foi convocado pola Federación de Asociacións de Veciños de Vigo

G24.gal 29/02/2024 21:23 Última actualización 29/02/2024 21:36

Os organizadores da protesta foron os usuarios e usuarias do bus urbano a través da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo.

Aseguran que o de Vitrasa é un problema de todos con graves prexuízos para a cidadanía.

Saíron dende a praza de España nunha manifestación de apoio aos traballadores ante unha situación que cualifican de insostible e que se agravou tras a ruptura das negociacións esta semana.

Piden a mediación do Concello para pór fin a meses de folga indefinida.

Este venres serán os traballadores da empresa concesionaria os que volverán manifestarse polas rúas do centro da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade