Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ucraínos que deixaron o seu país pola guerra ascenden xa a 1,7 millóns

Os ucraínos que deixaron o seu país pola guerra ascenden xa a 1,7 millóns

ACNUR estima que o conflito podería causar un éxodo de ata catro millóns de ucraínos

G24.gal 07/03/2022 11:17

Os ucraínos que tiveron que deixar o seu país como consecuencia da guerra ascenden xa a 1,73 millóns, dos que máis dun millón están en Polonia, segundo informou este luns a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).

O segundo país que máis refuxiados recibiu foi Hungría, con 180.000 ucraínos; despois, Eslovaquia, con 128.000; Romanía, 79.000, e Moldova, 82.000, aos que hai que sumar preto duns 53.000 que fuxiron a Rusia, segundo as estatísticas que actualiza a diario a axencia da ONU.

ACNUR estima que o conflito podería causar un éxodo de ata catro millóns de ucraínos, o equivalente a case a décima parte da poboación dese país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade