Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno vencella os atrasos dos Avril a razóns de fabricación e seguridade

O Goberno vencella os atrasos dos Avril a razóns de fabricación e seguridade

Son de vital importancia porque mellorarán a conexión con cidades como Vigo, Santiago e A Coruña, que seguen á espera da alta velocidade

Os trens non circularán por Galicia ata, polo menos, o primeiro trimestre de 2024 

G24.gal 02/10/2023 14:46 Última actualización 02/10/2023 15:07

Os trens Avril permitirán levar a alta velocidade ao resto de cidades galegas que agardan a súa chegada desde o ano 2021 cando o AVE tan só chegou ata Ourense. Para os empresarios as continuas demoras están a provocar unha perda da competitividade do tecido industrial. Tamén o sector turístico clama pola súa chegada. 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, xustificou este luns o atraso E reiterou que a demora non se debe a un problema do Goberno senón a un problema de fabricación.

As primeiras unidades comezarán a entregarse no mes de decembro se se cumpren as previsións no proceso de homologación, polo que o a súa posta en funcionamento non será posible ata o primeiro trimestre do próximo ano. 

Non puido ser no verán do 2022 cando o executivo central anunciou a entrega dos trens. A data aprazouse para este verán, e finalmente a ministra de Transportes anunciaba a chegada dos Avril para o outono. 

Os novos cambios no calendario causaron malestar no Goberno galego, que pedirá explicacións ao  secretario de Estado de Transportes, co que manterá un encontro nos próximos días. 

Os trens Avril poden acadar unha velocidade de 330 quilómetros por hora mellorando os tempos e as frecuencias ferroviarias nas provincias galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade