Os socialistas piden o voto para seguir defendendo en Europa a igualdade para Galicia
O PSdeG arrancou campaña en Vigo aproveitando a inauguración dun proxecto financiado con fondos europeos
Pedro Sánchez estivo en Valencia arroupando á cabeza de lista, Teresa Ribera
O candidato socialista a eurodeputado Nicolás García Casares abriu a campaña en Vigo salientando que o triunfo socialista en Europa afectará a que as decisións que atinxen aos galegos en canto á pesca, agricultura e infraestruturas saian adiante.
Tamén o secretario xeral dos socialistas destacou o papel decisivo que xogará Galicia en Europa, grazas a estar liderados por un goberno socialista e cun eurodeputado galego á fronte.
Os socialistas piden o voto para seguir defendendo en Europa a igualdade, liberdade e solidariedade para Galicia.
E mentres o líder dos socialistas Pedro Sánchez estivo onte en Valencia xunto o ao expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, acompañando a cabeza de lista Teresa Ribeira. Aquí a candidata referiuse á gran responsabilidade que dixo sentir, por encabezar a que definiu como a mellor lista presentada polos socialistas ao Parlamento Europeo e tamén comprometida coa defensa dos dereitos e liberdades.