Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pídelle ao PSOE que repase a lista de Mojácar e valore retirala antes dos comicios

O PP pídelle ao PSOE que repase a lista de Mojácar e valore retirala antes dos comicios

Os socialistas din que actúan con contundencia e que "se algún afiliado está implicado, será inmediatamente expulsado"

Os detidos por suposta compra de votos nesta vila andaluza pasarán a disposición xudicial nas próximas horas

G24.gal 25/05/2023 14:49

Segundo transcendeu da investigación, a presunta trama intentaba mercar o voto por correo de persoas estranxeiras con escasos recursos, ofrecéndolles entre 100 e 250 euros por cada papeleta a favor do PSOE. Os sete detidos pasarán a disposición xudicial nas próximas horas.

Dous dos arrestados forman parte das listas dese partido ás eleccións do domingo. O número dous foi suspendido de militancia; o cinco non está afiliado e pediúselle que renuncie á acta de concelleiro se sae elixido.

O PSOE di que actúa con contundencia. Segundo anunciou Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, "se algún afiliado do PSOE está implicado nisto, que é sagrado para nós, o voto como fundamento da democracia, inmediatamente será expulsado".

Para a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, "o que non é razoable é enturbar, mentir, xerar conflitos e temor que non están, en absoluto, xustificados e que pretenden, de forma partidista, producir un estado de alerta na opinión pública e distorsionar o sentido do voto".

Tamén se pronunciaron algúns baróns do PSOE. Guillermo Fernández Vara, presidente da Junta de Estremadura, cualificou o caso de "golfada", aínda que considera que se trata de "feitos puntuais". 

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, pídelle ao PSOE responsabilidade e que "repase ben a lista do concello de Mojácar e que valore se procede ou non seguir con esa lista nas eleccións municipais do próximo domingo".

Para a secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, "as prácticas corruptas son parte da forma de facer do bipartidismo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade