Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os senegaleses Ibrahima Diack e Magatte N'Diaye, fillos adoptivos da Coruña

Os senegaleses Ibrahima Diack e Magatte N'Diaye, fillos adoptivos da Coruña

O Concello valorou a súa solidariedade ante unha persoa que lles era totalmente allea, Samuel Luiz, ao que defenderon dos seus agresores

G24.gal 24/02/2025 20:52 Última actualización 24/02/2025 21:26

Ibrahima Diack e Magatte N'Diaye recolleron de mans da alcaldesa da Coruña Inés Rey a distinción de Fillos adoptivos da cidade da Coruña.

A Comisión de Honras e Distincións do Concello valorou a súa solidariedade ante unha persoa que lles era totalmente allea, Samuel Luiz ao que defenderon dos seus agresores. 

"Non somos heroes. Fixemos o que tiñamos que facer. O que temos son uns valores que nos ensinaron os nosos pais desde Senegal". Son as palabras dun emocionado Magatte N'Diaye como fillo adoptivo da Coruña.

Entre o público amais das autoridades amizades dos homenaxeados e tamén de Samuel.

O certo é que eles foron as únicas testemuñas da agresión que o socorreron.

O concello recoñeceumos como fillos adoptivos en 2021 por unanimidade do pleno, pero eles pediron non celebrar este acto ata que rematara o xuízo e houbera sentenza.

Ese día chegou e eles quixeron lembrar as súas familias.

Así o fixo Ibrahima ao recibir a distinción de fillo adoptivo da Coruña.

"Moitas grazas por todo. Eu son Ibrahima Diack. Son do Senegal. Nacín nunha familia que non tiñamos moito, pero eles, a miña familia, déronme moitas cousas máis valiosas ca os cartos".

Ibrahima e Magatte insisten en que actuaron por humanidade seguindo os valores en que os educaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade