Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os residentes no estranxeiro poden descargar desde este luns as papeletas de votación

Os residentes no estranxeiro poden descargar desde este luns as papeletas de votación

Máis de 2,3 millóns de electores figuran no Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA)

G24.gal 25/06/2023 15:21 Última actualización 25/06/2023 15:40

Os residentes no exterior teñen a opción de facerse desde este luns coas papeletas para votar nos comicios do 23 de xullo, pero non é a única alternativa. 

As delegacións da Oficina Electoral xa enviaron ata o venres pasado os certificados de inscrición censal, o sobre de votación e unha folla informativa de instrucións. Mándanse de oficio, sen necesidade de ningunha solicitude previa. Nun segundo envío recibirán tamén as candidaturas da súa provincia de arraigamento por se non poden baixalas de Internet.

En total, son 2.325.310 os residentes no estranxeiro que poden emitir o sufraxio por correo ou ben en urna nun consulado. O censo aumentou en 196.751 persoas respecto a hai catro anos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade