Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os produtores de leite reclaman subas do prezo en orixe

Os produtores de leite reclaman subas do prezo en orixe

Cifran en 0,38 € a cantidade para non producir a perdas

Anuncian que continuarán as mobilizacións

G24.gal 10/11/2021 13:08

O gasóleo subiu un 15 %, a electricidade un 22 e os pensos un 17 % dende o mes de marzo. Tamén subiron os plásticos agrícolas ou os fertilizantes e fitosanitarios. Así, producir un litro de leite en Galicia sae tres céntimos máis caro que hai sete meses, cando os gandeiros asinaron os contratos coas industrias. Por iso, os sindicatos agrarios esixen que se cumpra a lei da cadea alimentaria para que non se siga producindo a perdas.

As organizacións agrarias cifran en 38 céntimos por litro o prezo necesario para que as granxas galegas cubran custos de produción e obteñan un beneficio mínimo. Tamén piden que o Ministerio unifique no estado os criterios de medición deses custos e citan a conta láctea da Xunta como ferramenta axeitada.

Os sindicatos agrarios xa preparan unha gran mobilización en Madrid de todo o sector leiteiro español.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade