Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pais do bebé de Basurto van pedir unha orde de afastamento para a raptora

Os pais do bebé de Basurto van pedir unha orde de afastamento para a raptora

O pedimento vaino formalizar este luns o proxenitor do cativo na comisaría de Durango

Cualifican de "vergoña" a decisión da xuíza de deixar en liberdade a secuestradora

O pai do neonato, ás portas do hospital
G24.gal 23/10/2022 19:28 Última actualización 23/10/2022 20:55

Os pais do bebé secuestrado no hospital de Basurto van pedir este luns unha orde de afastamento para a muller que o raptou e que este sábado quedaba en liberdade por decisión xudicial. O proxenitor do cativo cualifica como "unha vergoña" a medida adoptada pola xuíza do caso.

A decisión causou sorpresa. Mireia C. S., de 24 anos, saía pola noite en liberdade do xulgado de garda de Bilbao, despois de admitir que secuestrara o bebé no hospital de Basurto. Non só iso, senón que ela mesma pediu que a ingresaran de novo nun centro psiquiátrico.

A xuíza adoptaba a decisión baseándose en que non hai risco de que fuxa ou destrúa probas. O pai de Aimar, a criatura raptada, non dá creto ante o sucedido.

"É unha vergoña que poidas facer calquera delito e que poidas quedar na rúa ás 72 horas. Creo que en vez de ser liberdade provisional debería ser vixilancia provisional nun centro, aínda que sexa psiquiátrico, ou no cárcere ou onde sexa".

Pedro, o proxenitor, di que tentan recuperar a normalidade na familia e que pedirán medidas para estar máis seguros.

"De momento, orde de afastamento. Mañá vou estar con Gorka. Gorka é un ertzaina que vén recollerme e iremos á comisaría de Durango poñer a orde".

Tamén asegura que no hospital de Basurto levantaron as medidas de seguridade especiais tras saíren eles de alí. Cónstalle, sempre segundo a súa versión, que un medio de comunicación introduciu unha persoa vestida de sanitario que se paseou polo centro hospitalario sen atrancos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade