Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mitos sobre as varices: nin son cousa de mulleres nin teñen nada que ver co colesterol

Os mitos sobre as varices: nin son cousa de mulleres nin teñen nada que ver co colesterol

Os cirurxiáns vasculares explican que as veas non enferman por andar en tacóns ou por cruzar moito as pernas

Nin sequera o tabaco ten relación con esta doenza, que pode afectar o 40 % das persoas

G24.gal 05/12/2025 14:37

As varices son un estadio dunha da doenza que se chama insuficiencia venosa crónica. Se a bomba muscular da perna e as válvulas das veas non funcionan  ben, a circulación de retorno estáncase os vasos dilátanse facéndose tortuosos.

"Moita xente pregunta por que ten varices. Pois os principais factores de risco son herdanza e idade e non se poden modificar. As varices non se poden evitar, pero axuda a controlalas evitar o sedentarismo, e non estar de pé moito tempo. Facer descansos e tamén unha dieta saudable", explica Luís Franco,  cirurxián vascular do HULA .

Desmenten mitos como que teñan algo que ver con cruzar as pernas moito ou con levar tacóns. Mesmo o tabaco, que é moi nocivo para a circulación arterial, non actúa -no caso das varices- como desencadeante. Tamén negan os vasculares que sexa unha doenza de mulleres, aínda que nelas son máis frecuentes: un 65 % por efectos das hormonas femininas e tamén pola presión das veas na pelve durante o embarazo.

Entre os tratamentos están os medicamentos venotónicos e as medias de compresión. Cando xa están moi avanzadas, o máis recomendable é a cirurxía. Cada vez técnicas de imaxe máis precisas e cirurxías ambulatorias e non invasivas fan máis doados os coidados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade