Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mercados galegos, ateigados, onde se chegaron a pagar ata 300 euros/kg polos camaróns

Os mercados galegos, ateigados, onde se chegaron a pagar ata 300 euros/kg polos camaróns

Moitos agardaron a estas horas previas para facerse co peixe e marisco do día, pero pagaron máis este venres que se mercasen antes para conxelar

G24.gal 24/12/2021 13:36

Estes últimos días foron de moito movemento nas prazas de abastos galegas. Tamén esta mesma mañá. Moitos agardaron a estas horas previas para facerse co peixe e marisco do día, pero pagaron máis este venres que se mercasen antes para conxelar.

Os prezos do marisco e do peixe están polas nubes nesta Noiteboa. Os máis caros en todas as prazas son os camaróns. O que poden pedir depende do tamaño, pero oscila entre os 60 euros o quilo e os trescentos. Séguenlle en prezo os percebes que poden roldar entre os 110 e os 180 euros o quilo. A centola entre 45 e 50 euros. E para a ameixa, a máis prezada, a babosa, hai que desembolsar ata 30 euros o quilo.

O peixe non é alleo ás subas propias deste 24 de decembro. O ollomol chega aos 38 euros o quilo. O peixe sapo custa arredor de 30 euros o quilo. E a robaliza, sobre 27 euros. Pode facerse cunha pescada por 16 euros o quilo, é dos máis baratos entre os peixes brancos salvaxes e unha opción moi socorrida na cociña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar