Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os mariscadores do Carril suspenden o que queda de campaña debido á falta de marisco

Os mariscadores do Carril suspenden o que queda de campaña debido á falta de marisco

O Concello pide medidas para combater a problemática

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 27/12/2023 17:53

Os mariscadores a pé do Carril acordan suspender o que queda da campaña de Nadal e todo o mes de xaneiro pola escaseza de marisco. Este feito pon en alerta o Concello de Vilagarcía de Arousa, que pide á Xunta "medidas serias e eficaces para frear a continua mortaldade" dos bivalvos.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o deputado autonómico Julio Torrado e membros do Goberno local reuníronse este mércores coa agrupación de marisqueo a pé do Carril para abordar a crítica situación que atravesa a zona.

O primeiro edil instou a tomar medidas para facer fronte á unha problemática "que leva á ruína ás mulleres e homes que viven deste recurso".

Deste xeito, únese á lista de zonas marisqueiras galegas que perden toda a Campaña de Nadal, debido á alta mortaldade 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade