Spotify fai 20 anos e repasa os grandes éxitos da plataforma musical
En Galicia, amais dos grandes artistas internacionais, triunfan os novos talentos que cantan en galego
Tanto ten a canta xente se lle pregunte. Spotify gaña por esmagadora maioría. Naceu en Suecia hai 20 anos, e co gallo deste aniversario publicaron a listaxe dos artistas máis escoitados, e con isto tampouco hai discrepancia.
"Nos últimos 20 anos Taylor Swift estará. Estará estes americanos Drake, The Weeknd". "Bad Bunny é un deles cen por cen". "Justin Bieber seguro". "Billie Eilish". "Eminem, Eminem seguro", enumeran varios adolescentes.
Eles son o top a nivel internacional. Se o levamos ao terreo máis doméstico, a cousa cambia
"Escoito todo tipo de música como si é rap, pop, música en inglés, en francés, todo o que se me veña por diante eu o escoito, tecno". "Principalmente cancións de reguetón de artistas nacionais como pode ser Quevedo ou Bad Gyal, tamén un pouco no plano máis internacioal Bad Bunny e demáis". "Actualmente sobre todo de aquí de España e mesmo de Galicia tamén".
En Galicia está emerxendo unha corrente musical que está dando moito que falar.
"Mondra, The Rapants, Fillas de Casandra". "Escoito moito 9Louro e tamén Lg1do que son os máis pegados agora mesmo no panorama galego".