Cargando resultados...
Os hospitais galegos seguen a funcionar grazas aos xeradores
O Sergas asegura que se mantén a asistencia sanitaria básica
O 061 atende chamadas de emerxencia "con normalidade"
Os hospitais, sen incidencias e con combustible para seguir traballando

G24.gal
28/04/2025 17:45
Os hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) continúan funcionando tras activar os xeradores eléctricos, que lles permiten manter a súa actividade asistencial.
A Consellería de Sanidade está a avaliar o impacto do apagamento, tanto nos hospitais como nos centros de saúde, para adoptar as medidas precisas para garantir a mellor asistencia. A consellería recomenda apagar os equipos "que non sexa necesarios" para reducir o consumo de enerxía.
O 061, teléfono de emerxencias, segue atendendo chamadas "con normalidade", asegura o Sergas.