Os expertos ven signos que poden indicar a fin da erupción
Ducias de sismos na illa, un deles acada 4,9 de magnitude
A calidade do aire segue preocupando na Palma e mantén cinco municipios coas escolas pechadas

A Palma volveu levantarse sacudida ao rexistrar máis de 40 sismos, un deles de magnitude 5 que se deixou sentir en toda a illa e tamén noutras do arquipélago como Tenerife ou A Gomera.
Desde o comité científico do Plan de Emerxencias Volcánicas falan de signos positivos que poderían anticipar a fin da erupción. Salientan o descenso do sinal do tremor e tamén descenden os valores nas medicións de dióxido de xofre.
A pesar destes bos indicadores, os valores seguen sendo moi altos e debe primar a cautela. A calidade do aire segue empeorando e mantén cinco municipios coas escolas pechadas.
Desde que comezou hai 45 días, a erupción liberou 94 millóns de metros cúbicos de lava, o que daría para encher 29 veces todos os encoros de Galicia. As compañías aéreas xa puideron retomar a súa actividade tras a evolución positiva da nube de cinza.