Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos auguran unha desaceleración nas subas de tipos tras as últimas crebas de bancos

Os expertos auguran unha desaceleración nas subas de tipos tras as últimas crebas de bancos

A Reserva Federal podería moderar os incrementos previstos no prezo do diñeiro

Calviño pide que se acelere a unión bancaria na UE

Antón Montero 14/03/2023 19:04 Última actualización 14/03/2023 20:17

Vinte e catro horas despois de que saltasen as alarmas, a calma volve ao sistema bancario mundial. O First Republic Bank, por quen moitos apostaban como a seguinte peza en caer, recuperou este martes case toda a valoración que perdera nos primeiros momentos de pánico.

E o mesmo co resto da banca rexional estadounidense. Pero as crebas do Sillicon Valley Bank e do Signature Bank poden facer que a Reserva Federal o pense dúas veces antes de seguir coa agresiva política de subas das taxas de xuro que estaba practicando.

"As expectativas caeron significativamente ante a perspectiva de que xa estamos empezando a ver no sistema os impactos que pode ter unha suba de tipos tan rápida como a que tivemos" pensa Jorge Sicilia, director de BBVA Research.

A inflación, que este martes baixou ata o 6 % nos Estados Unidos, tamén facilita unha relaxación da política monetaria. Outra cousa é o que vaia facer o Banco Central Europeo. Os expertos cren que se van manter as subas de tipos xa anunciadas.

As autoridades insisten en que a situación da banca europea é sólida e saneada, pero algúns, como España, piden tomar nota do acontecido.

Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos , di: "Estes acontecementos poñen de relevo a necesidade de avanzar o antes posible para completar e reforzar a unión bancaria, para ter un sistema único de garantía de depósitos e un sistema único de xestión de crises bancarias".

As expectativas de moderación nas subas das taxas de xuro deixaron un efecto inesperado: o Euribor baixou por primeira vez en moitos meses. Está no 3,5 %, case medio punto menos que o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade