Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA e Irán elevan a tensión con intercambio de ataques, tras 29 días do cesamento do fogo

Os EUA e Irán elevan a tensión con intercambio de ataques, tras 29 días do cesamento do fogo

Estados Unidos e Irán cúlpanse mutuamente de quen empezou primeiro

Con todo, Donald Trump insiste en que as conversas entre os dous países continúan e confía en chegar a un acordo de paz nos próximos días

WANA (West Asia News Agency)/ via REUTERS
G24.gal 08/05/2026 08:29

Elévase a tensión no estreito de Ormuz. Estados Unidos e Irán denunciaron ataques contra os seus barcos. Con todo, Donald Trump insiste en que as conversas entre os dous países continúan e confía en chegar a un acordo de paz nos próximos días

Fogo cruzado esta madrugada no estreito de Ormuz. Estados Unidos e Irán culpanse mutuamente sobre quen empezou primeiro. Washington acusa os iranianos de dispararen a tres dos seus destrutores mentres atravesaban a vía marítima internacional que conecta Ormuz co golfo de Omán.

Pola súa parte,Teherán acusa as forzas armadas norteamericanas de golpearen un petroleiro e zonas civís e por iso, di, tiveran que responder. Considérao unha violación do alto o fogo, que cumpre hoxe un mes. 

Trump celebrou na súa rede social que os seus tres buques militares saísen ilesos e que xa se incorporaron ao bloqueo naval que mantén vixente sobre os portos iranianos.

A pesar do aumento da tensión, que semella afastar a posiblidade dun acordo inminente, Trump insiste en que a tregua segue en pé e tamén as negociacións con Teherán. Iso si, insta o país persa a aceptar as condicións de paz canto antes, ou atacarán con máis forza. 

E ponlle outro prazo. Teherán ten que responder nas próximas horas á última proposta de paz estadounidense, que declararía a fin do conflito bélico e daría paso a 30 días para negociar o acordo que permita reabrir o estreito de Ormuz, limitar o programa nuclear iraniano e retirar as sancións estadounidenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade